Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O contra #BlackFriday de “FrescoydelMar”, para Cáritas

Fresco y del Mar con CÁRITAS 3
O contra #BlackFriday de “FrescoydelMar”, para Cáritas

40 familias con poucos recursos poderán ter este Nadal unha cesta gracias á singular iniciativa de FrescoydelMar. A empresa muradá realizaba unha campaña en contra do Black Friday, apostando polo consumo responsable e local, vinculando ademais aos centros de ensino, e mais ao sector (confraría e mariscadoras). Ademais de mandar á negra data a pasear, quixeron ofrecer o 10% do que recadaban durante sa semana (sen ofertas, por suposto), a Cáritas.

Esta fin de semana facían entrega deses cartos ao Banco de Alimentos de Cáritas Muros, tal e como xa fixeron o ano pasado. Este ano, a recaudación solidaria alcanzou os 900 euros, un 80% máis que o ano pasado, que foron entregados por parte de Francisco Formoso e Pablo Sueiro, socios de “Fresco e do Mar”, a Pablo Sande, Santiago Uhía Bermúdez e Dores Barreiros, de Cáritas Muros.

”Quixemos converter a nosa iniciativa en contra do consumo masivo nun acto solidario, beneficiando ás 40 familias da comarca que recorren ao Banco de Alimentos de Muros durante o Nadal”, asegura Francisco Formoso. “Estamos gratamente sorprendidos pola boa acolleita da iniciativa, que cada ano vai a máis, e polas múltiples mostras de apoio recibidas desde ámbitos e sectores moi diversos”, engade Pablo Sueiro.

Novas relacionadas

Comentarios