No Xulgado de Muros, en castelán
Achéganos hoxe o BNG de Muros unha curiosa denuncia en clave de lingua. I é que segundo sinalan o Asesor Xurídico de Muros está poñendo trabas aos veciños da vila a empregarse na súa lingua.
Así o sinalan ademais de denunciar que está, segundo o BNG, "irregularmente asinando papeis como xefe da área de urbanismo do Concello de Muros". Un asesor que ademais denunciou ao militante do BNG Xosé Ramón Farinós, e que forma parte dunha empresa chamada "Ginebra Holding Trust SL", se cadra, "mofándose unha vez máis dos muradáns, como si esta empresa fose a Standard Oil de Rockefeller e Muros fose o Chicago do século pasado", denuncia o BNG.
Un BNG que quere darlle a volta á denuncia, sinalando que é o propio asesor, denunciante neste caso, o que "pon trabas aos veciños que se expresen en galego, o cal segundo a ordenanza municipal onde se regula o uso do galego, o incapacita para exercer o cargo".
Así, desde o BNG de Muros esíxenlle á Alcaldesa Caridad González, "o cese do mesmo nas súa non definida función pública".
Novas relacionadas
- O Concello de Muros volve impedir que se graven os plenos.
- Manu Sante é o novo responsable do BNG de Muros.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.