Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O auditorio de Muros quedou pequeno para a Gala dos Premios SORUM

O auditorio de Muros quedou pequeno para a Gala dos Premios SORUM
Premios Sorum 2012 - O auditorio quedou pequeno

Por segundo ano consecutivo, a Asociación SORUM conseguiu que o auditorio da Casa de Cultura de Muros se quedase pequeno, para celebrar a Gala de entrega das súas distincións a muradanos ilustres.

Ao igual que na edición anterior, o coñecido actor do panorama nacional, o esteirán Víctor Fábregas, foi o encargado de presentar o acto. Co seu talendo e inxenio, foi capaz de arrancar as máis sonoras risas dos asistentes, ao igual que o monologuista Santiago Martínez, máis coñecido como Champi de Muros.

O público no parou de rir coas bromas de Fabregas e Champi O coñecido actor esteirán Victor Fabregas foi o presentador dos Premios Sorum 2012 Champi de Muros tamén fixo escachar da risa aos asistentes aos Premios Sorum 2012

Galardóns

Galardoados cos Premios Sorum 2012 - De Esquerda a Dereita: Jaime Dopico, Juan J. Gestal, Henrique Monteagudo, Francisco Martínez, Antía Lago, María Dolores Brea, Carmen Cancela e Domingo Guerra (Presidente de SORUM).

E entre risas, o importante eran os premios. Premios que serven para distinguir a laboura de senlleiras persoas e institucións do Concello muradán. Estes foron os galardoados:

- Polo magnífico traballo realizado no Festival Castelo Rock, o Premio Sorum 2012 á Promoción da Vila de Muros foi para a ASOCIACIÓN PRAIA DO CASTELO. Entregou o premio, Domin Guerra (Presidente de SORUM), e recibeuno Antía Lago.

- Pola súa relevante traxectoria como filólogo, escritor e profesor universitario; polo magnífico traballo no Consello da Cultura Galega e no Instituto da Lingua Galega, polo nomeamento como académico da Real Academia de Galicia, polos diversos premios de investigación, entre outros numerosos méritos, o Premio Sorum á labor cultural, 2012 recaiu en HENRIQUE MONTEAGUDO ROMERO. Entregoulle o premio, Carme Cancela, profesora do colexio de Louro, no que durante moitos anos foi a directora do centro.

O Premio Sorum 2012 Ao Deporte, foille outorgado á SOCIEDADE DEPORTIVA, CULTURAL, RECREATIVA, ESTEIRANA pola excelente traxectoria no fomento das diferentes actividades deportivas. No fútbol, onde teñen equipos competindo nas categorías de infantís, cadetes, xuvenís e afeccionados, conseguindo múltiples campionatos. Polos éxitos en atletismo, tanto en pista como en campo a través. E no remo, en banco fixo e móbil, disciplinas nas que obtiveron triunfos importantes, como medalla de ouro nos campionatos de España de bateis, nas categorías de infantil, cadete e xuvenil, en distintos anos; así como en doble scull, na categoría de cadete masculino e feminino. A entrega do premio correu a cargo de María Dolores Brea, licenciada en INEF, encargada, monitora e socorrista da piscina municipal de Muros, quen fixo entrega ao Presidente da Esteirana, Francisco Martínez.

- O último premio, foi para JUAN JESÚS GESTAL OTERO, unha persoa que posúe un currículo excepcional, tanto no ámbito académico, profesional, institucional e, por suposto, persoal. Que, na actualidade, é o Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático e Xefe do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Académico numerario da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia. Que foi Director Xeral de Saúde Pública, e recibiu, innumerables premios, recoñecementos e distincións. O Premio Sorum 2012 Á traxentoria institucional, académica, profesional..., foi entregado a esta persoalidade polo seu amigo o doutor Jaime Dopico Pita, Director do Centro Médico de Muros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e fotos achegadas pola Asociación SORUM.

Comentarios