Domingo. 20.09.2020
El tiempo

O guitarrista Alberto Cereijo dará unha master class ás bandas da Sala Nasmo

O guitarrista Alberto Cereijo dará unha master class ás bandas da Sala Nasmo

Quen non lembra aqueles sós, aqueles punteos de "Peligrosa María" con Yoshi rubindo polo escenario arriba coa camisola do Depor a altura do peito. Eran Los Suaves en pleno apoxeo, con toda a súa potencia.

Pois este vindeito sábado 18 de febrero, un dos seus máximos expoñentes, o guitarrista e produtor musical Alberto Cereijo, achegarase á Sala Nasmo de Muros para ofrecer unha Master Class ás 16 as bandas que alí ensaian. A cita comezará a partir das 17:00 horas, nas instalacións da Sala Nasmo de Muros.

Esta nova actividade, desenrolada pola Sala Nasmo e o Concello de Muros, está encamiñada a ampliar a formación dos rapaces e rapazas que dende o ano 2010 veñen formando parte da familia da Sala Nasmo.
A entrada será con invitación, xa que o aforo é limitado e trátase ademáis de 3 horas de clases teórico-prácticas, destinadas á ampliación de coñecementos musitáis.

Oferta cultural en Muros

E lembramos que aínda quedan varias actividades do Colectivo Castelo Rock, como un monólogo acústco para o 3 de marzo por parte de Xan Solo.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios