Os gañadores do certame de carteis do Muros Mira ao Mar
O cartel gañador xa o vimos, i é que este ano, as X Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” o escollían nos centros escolares e a través dun concurso. O gañador, o autor do cartel escollido para promocionar a festa, Íker Romero Caramés, así como os finalistas, recollían onte os diplomas nun ateigado salón de plenos muradán.
As autoridades fixeron entrega dos premios anterepresentantes de tódolos centros de ensino que participaron no concurso: Escola de Educación infantil de Muros, EEI de Tal, CEIP Ramón de Artaza e CEIP Ricardo Tobío.
Todos os participantes foron obsequiados cun cartel e un diploma conmemorativo, os finalistas Fabio Senande Santiago e Avril Benítez Valderrábano, da EEI de Muros, Noelia García Rama, da EEI de TAL, Manuela Lariño Sendón, Quin Caamaño París, Ángel Lago Iglesias e Iago Lado París, do CEIP Ramón de Artaza, recibiron ademais un lote de libros.
Finalmente foron entregados os premios e o trofeo ao gañador, Íker Romero Caramés, do CEIP Ramón de Artaza, que gozou ademais da ovación de tódolos presentes.
Máis información
Novas relacionadas
- O pobo vócalse co décimo aniversario das Xornadas Muros mira ao Mar.
- Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14.
- Xornadas Muros Mira ao Mar 2013: O Muros mariñeiro viaxou no tempo.
- Freixo 2013: “Percibimos un chisco máis de sensibilidade co patrimonio marítimo, pero non a suficiente”.
- Xornadas 2011: Unha visión mariñeira dende o corazón de Muros.
- Xornadas 2011: Muros levou o mar ás súas rúas.
- Xornadas 2010: Muros sabe a mar.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).