Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico
Era pouca a presencia costeira entre os candidatos aos Premios María Casares 2014, os premios do Teatro Galego. E de feito, non caeu ningún premio. Pero si unha grandísima homenaxe a un dos persoeiros máis queridos da escena galega nos últimos anos. Os #MaríaCasares14 convertíronse nunha homenaxe a Pico. O actor esteirán Xosé Manuel Olveira falecía o pasado ano e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia quixeron recordalo nesta gala.
O Teatro Rosalía Castro da Coruña convertiuse nun furancho ideado pola compañía Ibuprofeno. Marián Bañobre e Isabel Risco presentaron a gala, dirixida por Santiago Cortegoso, para realizar aa entrega de premios entre as 11 producións nominadas.
Foi sen dúbida o momento máis emotivo da Gala a entrega do Premio de Honra Marisa Soto para homenaxear a Xosé Manuel Olveira “Pico”. A ovación, con todo o público en pé, amosou unha vez máis que Pico era un dos actores máis queridos, tanto polo público como polos compañeiros de profesión. A Xunta Directiva da AAAG subiu ao escenario para entregarlle o galardón ao fillo do intérprete, Pablo Olveira.
Día mundial do Teatro
Pola súa banda, o xornalista Camilo Franco leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. No seu texto, destacou que o teatro “é unha arma de organización masiva” contra os problemas do mundo. Ademais, o tamén crítico teatral subliñou que a escena é “un espello para decatarnos de que somos moi malos: querémonos mal e matámonos moi ben". Dadas as circunstancias da actualidade, asegura,"o teatro debe poñer o mundo a andar”.
Os premios
Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares de Teatro deste ano. Os espectáculos máis premiados foron:
- Eurozone (4 premios):
- Mellor Iluminación, (Fidel Vázquez).
- Escenografía, (Chévere—Javier Domingo Ballestín).
- Actriz secundaria (Patricia Lorenzo).
Espectáculo (Eurozone). - As do Peixe (3 premios):
- Mellor texto orixinal (Cándido Pazó).
- Mellor actriz protagonista (Susana Dans).
- Mellor dirección. (Cristina Domínguez). - Bye, Bye Honey (2 premios):
- Música orixinal (Carlos Mosquera ‘Mos’).
. Actor secundario (César Goldi). - A Charca Inútil:
- Mellor adaptación-tradución (Xosé Manuel Pazos Varela). - Walt:
- Mellor vestiario (Uxía P. Vaello). - C’EST LA VIE:
- Mellor Maquillaxe (Trini Silva). - As mil vidas de Matias Houseman:
- Mellor actor protagonista (Josito Porto).
Máis información
Novas relacionadas
- Os #MaríaCasares14 serán unha homenaxe a Pico.
- A Costa da Morte case non estará nos Premios #MariaCasares14.
- 14-07-13: Morre o actor esteirán Xosé Manuel Olveira “Pico”.
- Un vimiancés toma o relevo dun ceense na directiva da Asociación de Actores e Actrices.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.