A pesca artesanal da Costa invade o comedor 360º de Inditex

Contábamos a comezos de semana que o comedor 360º das instalacións de Inditex en Arteixo incluía peixes e mariscos da Costa da Morte. Da man da empresa Fresco y del mar, aficanda en Muros, a marca multinacional aposta pola sostibilidade, a pesca artesanal e a economía circular..
E para facerllo entender aos seus máis de 2.000 comensais (os seus propios traballadores) realizaba este pasado xoves unha acción directa de visibilización da pesca de baixura.
Ao carón do comedor incluíase unha exposición de aparellos e artes empregadas na pesca artesanal, como nasas ou volantilla, explicando que son “artes de pesca pasivas, evitando as malas prácticas industriais que esnaquizan o fondo mariño, abusan de descártelos e non respectan as especies protexidas e as vedas”, explica Milucho Louro, portavoz da empresa.
Un prato do menú con Pulpo de Lonja que se pode degustar no comedor de Inditex
”Inditex elixe a pesca milenaria de Galicia para os seus comedores más modernos”
Así vende a empresa esta simbólica elección, que incorpora aos seus comedores de última xeración, baseados na alimentación local sostenible, unha serie de menús de alimentos de tempada pouco procesados e que xeran valor compartido no sector primario de Galicia.
Os traballadores de Arteixo non só se alimentan de forma saudable senón que estarán apoiando o proxecto, agora en pausa, de Os Miñarzos, a primeira reserva mariña de Galicia, e da que a pioneira empresa muradá bebeu dende os seus inicios.
Novas relacionadas
Artigos para calafatear con Fresco y del mar
- Calafateando: Mariñeiro artesanal de polbo: “A veda do polbo é necesaria pero non suficiente” (parte II).
- Mariñeiro artesanal de polbo: “O que temos que facer para poder saír ó mar” (parte I)
- A sostibilidade pesqueira, un compromiso de todos.
- Día Mundial do Medio Ambiente: Os nosos oceános, o noso futuro.
- Redeiras, invisibles pero imprescindibles
- Ola, son breixo, fillo e neto de pescador artesanal.
- Un día na vida dun pescador artesanal.
- Un día especial na vida dun percebeiro.
- Bañistas si. Furtivos… non, grazas!!!.
- Diario dunha mariscadora.
- A veda do polbo: necesaria… pero suficiente?.