mércores. 20.08.2025
El tiempo

A prehistoria da SD Esteirana, recollida nun libro de Diego Mayo Mayo

Esteiro co libro deportivo
A prehistoria da SD Esteirana, recollida nun libro de Diego Mayo Mayo

Emotiva presentación este pasado sábado en Esteiro. Apenas un día despois da máxica final do Campionato de Barrios, local da Sociedade de Esteiro quedou pequena para escoitar a Diego Mayo Mayo (natural de Solleiros), e para facerse cun exemplar do libro “Deportivo Esteirano”.

Unha obra que afianza o poder social do noso Fútbol da Costa, e recolle “a prehistoria da Sociedade Deportiva Esteirana”, sendo a denominación “Deportivo Esteirano” a vixente antes da Guerra Civil.

O libro, que conta co apoio da Deputaci´ón, conta con 227 páxinas, e unha marea de fotografías históricas.

Diego Mayo Mayo asinando libros en esteiro
Diego Mayo Mayo asinando libros en Esteiro

Máis novas

Comentarios