Venres. 19.04.2024
El tiempo

O primeiro calendario da pesca sostible

CALENDARIO Fresco y del mar 2022
O primeiro calendario da pesca sostible

A Fundación Lonxanet, a empresa costeira Fresco e do Mar e a Cofradía de Pescadores de Muros acaban de lanzar o primeiro calendario que fomenta a pesca e o marisqueo sostenible e artesanal. O almanaque, baseado nun intenso traballo de investigación iniciado por Lonxanet e completado polos outros promotores, recolle as especies mariñas que deben consumirse cada mes para que a cidadanía faga un consumo responsable dos recursos do mar e no seu momento óptimo.

O calendario aproveita que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2022 Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanales. “O calendario facilita unha información que curiosamente descoñece a maioría dos consumidores, mesmo en Galicia. Faltaba un anuario dirixido ós fogares e ás familias que informe con rigor científico dás especies que debemos consumir ó tempo que protexe a biodiversidade mariña”, explica Milucho Louro, voceiro de Fresco e do Mar.

Louro apela ao consumidor: “Temos moita responsabilidade cando mercamos un produto. E cando ou consumidor elixe pesca artesanal, apoia as artes de pesca sostibles, o respecto ós paros biolóxicos e ás tempadas, preservando o equilibrio dos océanos”, sinala. Lembra ademais que “no 2050 terá nas súas augas máis plásticos que peixes”.

Calendario con fins solidarios

O almanaque tamén ten fins solidarios xa que parte da recaudación da súa venda, posible a través da web www.frescoydelmar.com a un prezo de 3 euros, irá dirixida a Cáritas Muros, receptor habitual das campañas impulsadas por esta pequena empresa pesquera.

 

Comentarios