Luns. 07.10.2024
El tiempo

Un proxecto necesario

O veciño muradán Manuel Lago Álvarez envíanos este artigo arredor dun dos eternos problemas da vila: o aparcamento.

Aparcamento-en-Muros copia
Un proxecto necesario

Pasou a tempada de verán na que Muros recibiu unha cantidade de visitantes moito maior que a de anos anteriores. Dos habituais e perennes problemas que ten Muros, o da falta de aparcamentos na Vila veuse aínda máis desbordado. Si durante o resto do ano, aparcar en Muros non resulta fácil, en tempada de verán as dificultades multi- plícanse por moito. Ao problema da Vila hai que sumarlle tamén a falta de aparca- mentos, nas zonas turísticas de Esteiro e Louro, que tamén son incapaces de asumir máis visitantes, pola falta de lugares de aparcamento.

O turismo é unha fonte de riqueza para os pobos. No caso de Muros, máis do 50 % do seu produto interior bruto proven do turismo: das xentes foráneas que nos visitan, e que consumen e gastan. Argumentar de contrario, non sería máis que pór en valor que a autarquía económica é a solución aos nosos males... Nada máis lonxe da realidade.

E seguen pasando os anos, e as “pensantes cabezas”, seguen e seguen pensando... pero solucións, o común dos mortais, non as vemos.

Pero solucións que minoren o problema hainas., e hai varias posibles solucións. Unha delas, foi presentada no ano 2016 como proxecto de fin de carreira, polo muradán Diego Vázquez González. Este mozo muradano nunca foi alleo ás diferentes problemáticas e carencias que ten o noso municipio.

El, como Técnico Superior en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, pola Universidade da Coruña, sabe, -como poucos-, ofrecer solucións e neste particular as da con un pro- xecto de construción dun aparcamento subterráneo na rúa Rosalía de Castro de Muros; moi concretamente na coñecida como “horta de Comesaña”.

Aparcamento-en-Muros 2

Neste proxecto de fin de carreira, o muradán ofrece tres solucións construtivas, decan- tándose pola segunda, que contempla a creación de 176 prazas de aparcamento, dispos- tas en dous andares; o primeiro con 3066,40 m2 e 78 prazas e o segundo de 3435,70 m2, con 108 prazas, que suman un total de 6502 m2.

Aparcamento-en-Muros 3a

Folga dicir que o proxecto entra moi ao detalle, e contempla todas as medidas de seguri- dade requiridas, amais de crear en superficie unha gran zona de lecer, na que tería espe- cial protagonismo a muralla medieval que aínda se conserva, amais, que ao derrubar o vello e inservible edificio de vivendas que alí esmorece, abriríase á vista o magnífico edi- ficio da ex-Colexiata de Santa María do Campo, un dos poucos edificios relixiosos que existen en España do chamado estilo “Gótico Mariñeiro”.

Na memoria de obra destacase con todo detalle e precisión tódolos aspectos relaciona- dos coa súa execución, entre outros:

Estructura:

• 65 pilares de diferentes tipoloxías
• Forxado de casetón recuperable
• Capa de compresión de 10 cm para cada sótano
• 2 rampas de acceso entre plantas
• Cimentación superficial mediante zapatas ailladas
• Disponse dunha xunta de dilatación
• 2 ocos reservados para escaleiras e ascensor
• Muros pantalla

Aparcamento-en-Muros 4

Arquitectura e detalles:

• Pavimentación e señalización con pintura epoxi sobre o propio forxado ou lousa de cimentación fratasados
• Enfoscado sobre muros pantalla e tabiquería
• Instalación de luminarias LED
• Instalación contra incendios, CCTV, iluminación de seguridade, fonta- nería, saneamento, etc.

Aparcamento-en-Muros 5

En porcentaxes, a distribución do presuposto é a seguinte:

- Traballos previos: 7,84%
- Movimento de terras: 8,74%
- Estructuras: 55,53%
- Arquitectura: 6,50%
- Instalacions: 13,54%
- Señalización: 0,23%
- Urbanización en Superficie: 5,78%
- Seguridade e Saúde: 1,45%
- Partidas alzadas: 0,18%

A modo de conclusión

Está claro que hai otras solucións para dotar a Muros de máis aparcamentos, sendo és- ta proposta, unha das posibles. O da escaseza de aparcamento é unha das moitas caren- cias que ten Muros que é necesario afrontar de maneira inmediata para dar resposta a demanda dos veciños, e por extensión, maior pulo ao turismo.

Só falta que a quen corresponde, que non outros que os responsables do Concello, se poñan as pilas, e sexa ésta unha parte da solución, e se empecé, polo menos, a intentar solucionar este asunto, que a veciñanza leva tempo reclamando.

  • Manuel Lago Álvarez.

Comentarios