Terbutalina, Dakidarría, Ånima, Desterrados e The Locos completan a segunda tanda do Castelo Rock
08:17 19/05/16
castelo rock muros 2016
Muros vibrará durante a segunda fin de semana de agosto co Castelo Rock. Precisamente onte a asociación Praia do Castelo dába a coñcer o segundo avance do cartel do festival. Serán tres grupos galegos - Terbutalina, Dakidarría e Desterrados - e un vallecano - The Locos - os que completen a segunda tanda de actuacións para os días 12 e 13 de agosto.
Os de Terbutalina - que xogan na casa - encherán o escenario co seu garaxe-punk máis festivaleiro co que farán bailar e saltar a todos os asistente co seu último disco "al otomano se le va la mano" que xa foi presentado no seu momento en QPC.
Dakidarría é o nome doutro dos grupos galegos ilustres que despois de rular por vaira salas de todo o territorio nacional deron o salto ata México para levar a súa atractiva fusión entre ska, rock, punk e reggae. Agora están de volta co seu estilo explosivo que non deixa indiferente a ninguén.
Aproveitando o descanso indefinido de Ska-p, o mítico Pipi chega a Muros co seu proxecto persoal The Locos. Cun directo "visceral" conseguiron afianzarse nos escenarios máis exsixentes de España e de América Latina.
Ånima é outro dos exponente rock na comunidade galega que estará no Castelo Rock. Este grupo naceu coa única intención de mostrar o seu estilo persoal e sen imposicións polo que deixan a pel en cada unha das súas actuacións.
E por último, a banda local Desterrados terá o seu espazo no Castelo Rock. Este grupo está formado por mozos de Louro e Lariño e veteranos de guerra de Baño que representan o heavy rock local.
Actividades paralelas
Quedando por confirmar a cabeza do cartel internacional, a organización xa avanzou que paralelamenteaos concertos nocturnos sumaranse máis dunha ducia de actividades que se desenvolverán por distintos puntos de Muros. Dende concentros de grupos como Agoraphobia ou The Lacazans, ata pasarrúas, talleres para os máis pequenos ou actuacións de maxia.
O prezo das entradas é de 23,50€ máis os gastos de xestión e poden adquirise a través da web do festival (www.castelorock.com); discos Portobello - A Coruña -, A Reixa - Santiago de Compostela - , tenda Tipo - Vigo - , xamonería Varadoiro - Muros -e oficinas de Correos.
Máis información
Novas relacionadas
- Comezan a soar as bandas do Castelo Rock 2016
- O Castelo Rock apúntase á fin de semana do 12 e 13 de agosto
- Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Castelo Rock