Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un conversa muradá

Un conversa muradá
The Muros Times con Domingo Guerra

Segue a revista dixital The Muros Times recollendo e dixitalizando contidos tremendamente interesantes
Xa temos on line o número 16, e unha das partes máis singulares desta edición é a completa entrevista que Jorge Lago de Pexejo lle fixo a Domingo Guerra, <<...colaborador no Diario Dixital da Costa da Morte "Qué pasa na costa" con un artigo mensual sobre economía dos concellos da zona>>, como ben sinala o entrevistador.
Unha conversa ampla, que pasa da realidade á historia muradá, da economía mundial á municpal, para rematar co habitual “cuestionario de Bernard Pivot”, onde remata coa súa palabra favorita: “infinitamente”.

Hai moitos mais contidos nesta publicación que coordinan 14 veciños de Muros. Falan das peregrinacións a comezos do século pasado, de Castelao, de veciñas históricas, de lugares emblemáticos como o Cine París, de poesía así como do mesmísimo escudo de Muros.

Máis información

  • The Muros Times: número 16.
  • a href=https://www.facebook.com/pages/The-Muros-Times/293797230747046?fref=ts>The Muros Times en Facebook.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios