xoves. 16.04.2026
El tiempo

O IES As Insuas acolle este venres a súa segunda Feira de Orientación

Feira das Universidades no IES As Insuas de Muros
Imaxe da Feira do ano pasado
O IES As Insuas acolle este venres a súa segunda Feira de Orientación

O IES As Insuas de Muros celebra este vindeiro 17 de abril, por segundo ano consecutivo, a súa Feira de Orientación Académica e Profesional. Asistirán á mesma máis de 25 organismos, con cadanseu posto informativo, e será visitada por numerosos alumnos e alumnas da comarca dos cursos superiores (4º ESO, bacharelato e ciclos de formación profesional).

O éxito obtido na primeira edición animou o equipo directivo e o departamento de orientación a ampliar o número de alumnado visitante e, en consecuencia, a duración do evento: este ano desenvolverase de 10:00 h. a 13:00 h., en dúas quendas de visita. A feira terá lugar no pavillón do IES As Insuas (Serres - Muros) e suporá unha excelente toma de contacto entre o mundo académico e o profesional.

Sen dúbida, unha actividade interesante para a mocidade e para as empresas e institucións presentes. Ademais, desde o IES As Insuas consideran o vindeiro venres 17 un complemento ideal da Semana Cultural, que tamén terá lugar no instituto a última semana de abril.  

Máis novas

Comentarios