Domingo. 17.02.2019
El tiempo

Un Mercadiño solidario para abrir un completo Nadal en Muros

Un Mercadiño solidario para abrir un completo Nadal en Muros

O venres, 14 de decembro, de 10 a 13 horas no Mercado de Muros terá lugar a primeira actividade deste Nadal en Muros, “O Mercadiño Solidario”, no que participan os centros de ensino do municipio, aportando o seu traballo para recadar fondos para unha ONG que axude a pasar un mellor Nadal as persoas que viven situacións desfavorables, e que este ano se decidiu que foran os grupos de Cáritas deste termo municipal.

Ao día seguinte, o sábado 15, visitará Muros o grupo SAL-Monela Teatro, que poñerá en escena o espectáculo “Políticamente incorrecto”, a partir das 20:30h no Centro Cultural de Muros.

O programa ten moitas cousas máis, e fíxose realidade gracias tamén ao bo facer da Asociación Fouleada.

Concurso “Acendendo o Nadal”

Xa están publicadas as bases do Concurso Acendendo o Nadal, e xa podes incribir, ata o 19 de decembro, o teu establecimento ou a túa vivenda. Unha iniciativa para encher de colorido e vistosidade a vila de Muros.

Moito máis

Na seguinte semana, o venres 21, proxectarase o filme “Sicixia” e o sábado 22, representarase o espectáculo de Redrum teatro “Estás aí?”, protagonizado polos coñecidísimos Isabel Risco e Xulio Abonjo.

O venres 28, proxectarase o filme “Campeones”, e a partir dese día pasan os máis pequenos a tomar protagonismo na programación coa representación, o sábado 29, do musical “Carapuchiña”, de EducaTeatro.

O mércores 2, proxectarase “Ferdinand”, o xoves 3, “El Ratón Mickey. Os primeiros 90 anos” o venres 4, representarase o espectáculo “Os Bolechas. Nadal no Polo Norte” e o día 5 a entidade Fouleada, en colaboración co concello, organizarán A CABALGADA DOS REIS MAGOS.

As entradas, unhas de balde e outras a przos moi populares 2,50 € ou 3,50 €. Poden ser retiradas ou reservadas durante a propia semana nas oficinas do centro cultural en horario de 8:30 a 15:00.

Comentarios