Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha exposición virtual por e para Muros

Unha exposición virtual por e para Muros

Interesante a iniciativa que nos presentan dende as activas redes sociais muradás. I é que un grupo de amantes da fotografía do Concello de Muros están a realizar unha exposición virtual a través do Flickr.

Todo partía de Humberto Caamaño, administrador do grupo de Facebook Muros Memoria Gráfica, para crear esta I Exposición Fotográfica Muros Nadal 2011.

Nomes como Felipe Domínguez, Benirroxo, Bernardino, Carlos Outes, Juan Fabeiro, Xaquín Caamaño, Laure Rei, ou os colaboradores de QPC Rosa Gallardo e Toto Lestón, forman parte do elenco de cazadores de imaxes que prantexan e colaboran na exposición.

A idea é que de entre todas ás fotos expostas, 12 serán escollidas para o Calendario 2012 do Concello de Muros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios