Martes. 23.04.2024
El tiempo

A ornitoloxía, un potencial produto turístico máis para a Costa da Morte

A ornitoloxía, un potencial produto turístico máis para a Costa da Morte

Se cadra non poderemos ver eses buitres leonados de Monfragüe que nos achega Francisco Santiago López. Pero si poderemos disfrutar de unha das 10 mellores zonas para disfrutar do turismo ornitolóxico en Galicia.
Así o acaba de aconsellar Turgalicia, que nos manda ata a Costa da Morte para disfrutar desta arte da observación das aves silvestres no seu entorno natural, aproveitando o disfrute da contorna.

A Costa da Morte, catalogada como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), ten un potencial en materia natural infinito. E non paramos de berralo, non cansamos de pedir a necesidade de roteiros de sendeirismo homologados, de rutas concertadas polas numerosas xoias do noso patrimonio natural... A ornitoloxía ten que convertirse xa como un produto turístico máis.

As zonas máis evidentes poden a Lagoa de Traba, a zona da Insua e a píllara das dunas do Esteiro do Anllóns, ou a Lagoa das Xarfas de Louro. Pero desta volta Turgalicia recomenda a ruta que une Fisterra e o Cabo Vilán.
Pero tamén nos envían por outro roteiro, máis curto, entre Malpica e a Lagoa de Traba, pasando polo mesmísimo observatorio ornitolóxico "José Luis Rabuñal Patiño", unha homenaxe dende o Concello de Cabana (un dos grandes promotores en anos anteriores da ornitoloxía na bisbarra) a un dos máis importantes ornitólogos do estado español.

Avistando exemplares

Unha das cousas nas que se pode participar é no Noticiario Ornitoxeográfico Galego, que artella a Sociedade de Ornitoloxía Galega a través do sistema de xeolocalización SIG da empresa Sixtema. A idea é avisar das especies vistas con interese ornitolóxico, e o litoral da Costa da Morte é toda unha potencia na materia.

De feito, nas últimas datas, contabilízanse 11 avistamentos en Carnota, 8 en Muros, 2 en Fisterra, 5 en Muxía, 6 en Camariñas, 5 en Ponteceso e 1 en Malpica. Feitos en parte por membros das SGO, como os responsables da zona de Bergantiños Amadeo Pombo e Xabier Varela.

E que podemos ver? Unha morea de especies como a Circus aeruginosus vista por Diego R. Vieites, José Antonio Crespo Rodríguez hai unha semana na Lagoa de Louro, outro enclave mítico.
Pero tamén hai parrulos, lavanco real, cerceta, gavitas, os mazaricos, as garzas reais, as garcetas, os corvos mariños, arao común, andoriñón real, corvo común (corvus corax); o alcatraz común (morus bassanus); a pardela cincenta (Calonectris diomedea); a gaivota hiperbórea (Larus hyperboreus); o carrán común (Sterna hirundo ); o arao romeiro (Alca torda); o pilro tridáctilo (Calidris alba); a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a escribenta amarela (Emberiza citrinella), falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), e corvo grande (Corvus corax), algunhas colonias de andoriñón real (Apus melba)...

Máis información

Novas relacionadas

Recunchos de interese ornitolóxico

Fonte

Comentarios