![mostra-mulleres-muxia]()
Esta fin de semana a Muller foi a protagonista en Muxía. Tivo lugar a inauguración da
Mostra Catro Miradas. Mostra adicada a Rosalía de Castro que rexistrou un cheo total na Casa das Beiras. A emotividade fo a nota predominante, e
os versos de Rosalía Castro na voz de Rosalía Fernández e cantados polas pandereteiras de Muxía resoan aínda nas conciencias dos asistentes.
O alcalde Felix Porto tamén paticipou, ao igual que
protagonista do mes de decembro da Galería Mulleres, Luz Darriba, quen loubou o traballo de dignificación da muller en Muxía e a fermosa Mostra da man das artistas
Lorena Lappe, Fátima Fortea, Susana P. Llorente e a muxiá Viki Rivadulla.
Precisamente o alcalde eloxiou moito o catálogo da Mostra, deseñado pola propia filla de Rivadulla,
Viki Barrientos, unha moza de 20 anos que está empezando no deseño gráfico e que vai dar moita guerra no mundo creativo da Costa da Morte.
A sesión rematou cunha selección moi orixinal de pinchos da man da mestra
Noelia Lema, do bar Xardín. A proposta eran unhas
"galletiñas rosalianas", que levaban dentro versos de Rosalía. Como nos conta a propia Viki, "algún que meteu a galleta enteira na boca comeu versos de Rosalía esa noite..."
Deste xeito,
a Mostra segue aberta e xa a poden visitar na Casa das Beiras de Muxía, ata o 16 de xaneiro en horario de 17:00h a 20:00h.
Novas relacionadas
Fonte