5,5 millóns de cupóns da ONCE levarán o Santuario da Barca por todo o estado

Este pasado xoves tivo lugar no Santuario da Virxe da Barca a presentación do novo cupón da ONCE que leva un dos nosos sÃmbolos mais representativos. Serán 5,5 millóns de cupóns da ONCE os que leven a imaxe do Santuario da Barca por toda a xeografÃa española.
A partir deste vindeiro dÃa 8, os 20.000 axentes vendedores, e o sitio web comezarán a comercializar este cupón.
Asà o explicaron na presentación, nun ano no que a suspensión da RomarÃa polo menos quedará nesta imaxe icónica.
O alcalde, Iago Toba, subliñou que ‘o orgullo e sentimento que lle produce a un muxián ou muxiana ter entre as súas mans o tan familiar cupon da ONCE, e contemplar nel un dos seus tesouros, é indescriptible’, comentou o rexedor.
Ao acto acudiron o rexedor muxián, ao que acompañaron o primeiro tenente de alcalde, Javier Romar; o segundo tenente de alcalde, Olalla Benlloch; o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel MartÃnez e o delegado da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro. O Cupón Diario da ONCE ofrece 55 premios ás cinco cifras.
Ruta Lendas do Solpor
Tivo lugar unha nova sesión do ciclo de visitas guiadas Visita MuxÃa, ca ruta Lendas do Solpor.