A actriz María Casares, protagonista do setembro da Galería Mulleres de Muxía
A coruñesa María Casares é a protagonista do mes de setembro da Galería Mulleres de Muxía, esa proposta para repasar a historia en feminino. Casares foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía exiliada dende os 14 anos (era filla de Casares Quiroga).
Trunfa en Franciaconvertendose rápidamente nunha das figuras da vanguarda escénica. Musa de importantes escritores e cineastas, como Camus e Barrault, protagonizóu obras claves do existencialismo e foi recoñecida e admirada en toda Europa. Foi premiada en 1989 co Moliére á mellor actriz de teatro. Recibe tamén o Premio Nacional de Teatro en Francia, e a Medalla ó Mérito de Belas Artes en España. Obtén , ademáis, a medalla Castelao da Xunta, que non acode a recoller. No ano de 1996, María Casares aceptará que os premios de teatro de Galicia leven o seu nome. Un dos seus últimos xestos foi legar ao concello de Alloue as súas propiedades, hoxe convertidas na Casa dos Actores "María Casares”.
Segundo ela, a súa herdanza cultural foi ”unha saúde a toda proba, o sentido do vaivén das estacións, o gusto pola natureza, o poder da concentración e da imaxinación, o gusto polos universos poéticos, un carácter forte, unha aceptación viva da vida e da morte…”
”Agrádame estar entre a miña xente, en París non me é posible falar galego aínda que vou a Radio París ós recitais. Rosalía é a miña favorita pero tamén Curros, o da esperanza ". "...ás veces, de súpeto, á volta dun camiño ou en calquera esquina urbana atopo a saudade. Daquela querería voltar. Nese mesmo instante. Pero todos nos debemos a un mandato que temos que cumprir. Pero aínda teño futuro por diante, e nese futuro véxome en Galicia, polos camiños de Galicia representando para o meu pobo de dándolle o mellor do meu espírito". "Son unha parte de Galicia, non o podo evitar”.
Foi parella de Albert Camus, e levou ducias de premios.
Nunca voltou a Galicia, a pesar do que o gremio a homenaxea cada ano cos Premios María Casares de Teatro.
Podes atopar máis información sobre ela en culturalgalega.org ou en alloue.fr.
Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar máis información nos libros:
- ”María Casares”, de Arantxa Estévez.
- Diccionario de Mulleres Galegas.