Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Asociación Muxía Turismo Rural presenta na Casa de Galicia “Muxía Rural: Destino Ornitolóxico”

A Asociación Muxía Turismo Rural presenta na Casa de Galicia “Muxía Rural: Destino Ornitolóxico”
No marco dos actos vinculados a celebración da feira FITUR na capital do estado, a Asociación Muxía Turismo Rural, en colaboración co concello de Muxía, presentou este xoves na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o proxecto turístico “Muxía rural: destino ornitolóxico”, de promoción desta variante turística no concello coruñés que é un dos principais puntos de España para o avistamento de especies de aves migratorias pouco frecuentes, como a gaivota polar, que ten na praia de Nemiña a única colonia regular de Galicia e o falcón peregrino que xunto con outras especies pode verse no cabo Touriñán e mesmo o aguia real, que foi avistada recentemente en Nemiña. Na presentación interviñeron o alcalde de Muxía, Félix Porto; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o presidente de Muxía Turismo Rural, Jesús Trillo; Francisco Canabal, do Clúster de Turismo de Galicia; e o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega. Ónega agradeceu a presenza dos intervenientes e o público no acto e encomiou a beleza da natureza subliñando “o formidable espectáculo que se produce en Muxía como destino ornitolóxico”. “Este acto, organizado pola Asociación ´Muxía Turismo Rural, en colaboración co concello de Muxía, celébrase co fin de promocionar unha zona considerada polos expertos como un dos lugares máis importante da xeografía española para o avistamento de aves migratorias pouco frecuentes. Unha experiencia que pode terse a través de tres amplas rutas e coa que colaboran os establecementos de turismo rural de Muxía, fermosa vila coruñesa”, sinalou. Pola sua banda, Jesus Trillo, presidente da organización muxiana, explicou o proxecto, que consta dun concurso fotográfico, “Muxía desde o alto”, e dunha escapada ornitolóxica cunha duración de dous días, para a que os establecementos participantes ofrecen aloxamento, almorzo e cea. Tras agradecer a participación de cuantos colaboraron na presentación, o presidente de Muxía Turismo Rural afirmou que “temos un gran potencial no mundo da ornitoloxía, polo que convidamos a todos a visitar a nosa terra”. O programa durará ata o 31 de maio e existe a posibilidade de contar cun experto como guía. Entre o resto de intervenciones, o alcalde musitan Felix Porto, que pechou o acto, agradeceu as intervencións anteriores e centrou a súa, fundamentalmente, no concello de Muxía, 121.000 km² situados “en pleno corazón da Costa da Morte”, e no seu patrimonio, especialmente o natural. O alcalde informou de que o concello editou unhas guías ornitolóxicas co obxectivo de dar a coñecer as especies que aniñan e transitan polo seu territorio e de contribuír ao desenvolvemento deste tipo de turismo, cuxa cobertura se realiza desde as casas de turismo rural. Tras acabar a presentación a Asociación ofreceu aos asistentes unha degustación de produtos denominada “Mar e terra de Costa da Morte”, na que colaboraron Industrias Cerdeimar (Camariñas), Cárnicas Raposo (Dumbría), Distribucións Guimareu (Cee) e Panadería Castreje ( Morpeguite-Muxía).

Comentarios