Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Bretemada de López Abente finalista do Premio Ánxel Casal

A Bretemada de López Abente finalista do Premio Ánxel Casal

Continúa a Fundación López Abente dando pasos dende Muxía para toda Galicia. Esta semana a entidade celebra que o último libro que vén de recuperar, "Bretemada", foi nomeado finalista do Premio Ánxel Casal ao libro de poesía 2011.

E o fai na mesma semana da presentación en sociedade da nova web: lopezabente.org. I é que o pasado sábado, a Biblioteca Municipal acollía a presentación desta xanela aberta para difundir o labor da fundación e sobre todo o coñecemento sobre a figura de López Abente. Foron Suso Sambade (patrón da fundación e vocal da Comisión Executiva) e Martín Pardiñas, responsables da web, os encargados de explicar os contidos da mesma, e estiveron acompañados polo alcalde muxián e Presidente da Fundación, Félix Porto.

Un premio pola recuperación da obra

Así, o nomeamento como finalista por parte da Asociación Galega de Editores xa é un premio para a aposta da entidade. A obra inédita ata o momento, devolta a vida por Miro Villar e co-editada pola Fundación Gonzalo López Abente e Alvarellos Editora, agarda que o vindeiro 9 de marzo, na Gala da Edición do Premio Ánxel Casal que se celebrará en Santiago, apareza o nome do poeta muxián.

Para a Fundación Gonzalo López Abente "o feito de chegar a ser finalista do premio máis importante da edición en galego supón xa un recoñecemento a todo o traballo que supuxo a recuperación deste inédito, para o que foi preciso poñer en común as vontades tanto da Fundación, como de Alvarellos Editora e da Real Academia Galega".

Os membros do Padroado da Fundación queren "aproveitar para recoñecer publicamente o excelente traballo de Henrique Alvarellos, que como editor coordinou a un gran equipo de profesionais para deseñar e editar “Bretemada” como un libro cunha fermosa factura, que ben a contribuír a poñer en valor a magnífica calidade literaria do texto poético de Gonzalo López Abente".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios