Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Muxía salvou dun novo naufraxio coas anécdotas de Rafael Lema

Muxía salvou dun novo naufraxio coas anécdotas de Rafael Lema

O pasado venres 27 de xaneiro o sal tinguíu as copas do hotel A de Loló, en Muxía. Os naufraxios de Rafael Lema encheron de anécdotas mariñeiras a vila da Barca durante a presentación da súa nova novela "Costa da Morte, un país de soños e naufraxios". I é que o seu libro é previsamente eso, unha colleita das anécdotas máis senlleiras dos 454 naufraxios que ten catalogados no litoral da Costa da Morte.
E a sesión moi máis que satisfactoria pois, a pesar de que á mesma hora había pleno municipal, a presenza de público foi masiva, e o local quedou pequeno e esgotáronse os 150 exemplares levados ao acto.

Lema estivo acompañado polo investigador naval coruñés residente na Laracha, Fernando Patricio Cortiz,o e o presidente do GAC3, responsable da edición do mesmo.

A costa con máis naufraxios do mundo

O autor explicou que "a costa galega é o tramo con máis naufraxios documentados do mundo", e ao final do libro cataloga preto de 1.000 naufraxios en Galicia, deles a metade na Costa da Morte. Segundo Lema "Ó inventario de naufraxios xuntei algúns outros aspectos, traballos que nestes anos fixen sobre os corsarios na comarca, a pesca de tiroteas, as accións dos submariños alemáns nas dúas grandes guerras. Pensei que lestes temas de interese podían ir en anexos a parte dous capítulos, para a xente que quisera saber mñais, e independentes do fío condutor do libro. Así están colocados despois de cada capítulo noutra cor".

O autor nega a existencia de dereito de naufraxio e da existencia de mafias de naufragadores na comarca, xa que "unha das ideas básicas da obra é a de acabar coa lenda negra que nos achaca ou ser naufragadores de barcos, provocar naufraxios para matar tripulantes e roubar a carga".

Para Fernando Patricio Cortizo a obra supón un gran traballo "que se converterá sen dúbida nun referente literario para a Costa da Morte. O autor documenta 44 novos naufraxios e corrixe dez, uns datos realmente impresionantes, como ou estudo do corso e as tiroteas". O autor, segundo Cortizo, "toca todos os temas posibles, e aínda por riba, coñece e ten contactos de primerísima man en todas as zonas máis senlleiras da costa. A verdade que non se pode pedir máis. Especialmente interesante é a historia do crego de Ameixenda que debuxou as naves que naufragaron na súa zona de freguesía. Este descubrimento é impresionante". Así indica, Patricio Cortizo que "sen dúbida unha fermosa obra que saca á luz moitas novas descoñecidas e convértese en utensilio imprescindible para afondar non coñecemento da Costa da Morte e na historia marítima do noso país".

O libro

O libro é unha catalogación e estudo dos naufraxios sucedidos entre Caión e o cabo Fisterra, na Costa da Morte coruñesa, desde a Idade Media ata a data. En total recóllense as crónicas e anécdotas de 454 barcos documentados neste tramo. O libro de divide en seis capítulos a modo de travesías mariñas, describindo os naufraxios sucedidos en cada unha dos tramos costeiros analizados, que son: a contorna de Baldaio ás illas Sisargas, Corme- Laxe, Camelle-Arou, cabo Vilán, cabo Touriñán, cabo Fisterra.Ao final acompáñase un catálogo de naufraxios na Costa da Morte e a cita dos sinistros marítimos acontecidos tamén no resto da costa galega. A obra de 256 páxinas inclúe máis de 300 fotografías e ilustracións nun traballo deseñado por Gende Estudo de Carballo.

Ademais dos capítulos divulgativos dedicados ao reconto dos naufraxios incorpóranse anexos documentais sobre os baleeiros na Costa da Morte, os mitos e ficcións sobre os naufraxios e a lenda negra dos raqueros, memoria de corsarios, accións de submarinos alemáns nas dúas guerras mundiais e crónicas históricas de batallas e flotas de galeóns. O traballo achega numerosos datos novos sobre accidentes mariños, analiza os anteriores recontos e distintas versións sobre coñecidos sucesos, incorporando documentación para desterrar e desmentir a lenda negra da existencia de mafias organizadas na comarca para provocar naufraxios e desvalixar barcos.

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis novas de Naufraxios

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios