Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Rexubeira de Bergantiños, historia da Galería Mulleres

A Rexubeira de Bergantiños, historia da Galería Mulleres
Asuncion Antelo na Galeria Mulleres de Muxia Asuncion Antelo na Galeria Mulleres de Muxia

Esta fin de semana tivo, por fin e a tempo, o seu recoñecemento municipal. E se por Coristanco non quixeron tardar máis en homenaxear á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal, por Muxía tampouco queren retrasar a súa inclusión na Galería Mulleres, ese espazo onde se recupera a historia a golpe de nomes femininos.

A escritora, artista multidisciplinar, ceramista, canteira , escultora, regueifeira… Asunción Antelo, coñecida como a Rexubeira de Bergantiños, nacía en Segufe, Coristanco, aló polo 1919. Aínda recibe numerosas visitas na súa casa-museo.

Esta muller é unha lenda viva da Costa da Morte. É tamén tesouro vivo que garda grande sabedoría sobre o patrimonio inmaterial da comarca. Asunción Antelo, vestida coas súas roupas negras das viúvas do rural galego (aínda que non é viúva) representa a forza das mulleres da terra, as mulleres que transportaron nos paxes a toda Galiza. Pero os paxes de Asunción levan ademais poesía, arte e moito saber…

  • Na Biblioteca do Concello de Muxía podes atopar: Antelo, Asunción. “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños”.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios