Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A última proxección do Cine Mugía

A última proxección do Cine Mugía
Donos do Cine Muxia-Foto cedida pola neta Tata Manolo de Elvira e Joseito diante das carteleiras de El ultimo mohicano- Foto de 1967 cedida por Rolando Barrientos

Hoxe da man do Proxecto Buserana e da boa de Viki Rivadulla, que cando fala fai tremer os cimentos, imos ata Muxía para lembrar un dos míticos cines que fixeron as delicias aos habitantes da Costa da Morte nos anos 50 e 60.

Abrimos as portas do “Cine Mugía”, máis coñecido como o “Cine de Engracia”, no que un o mariñeiro, Marcelino O Pulga, cambiaba peixes por cintas. Un espazo máxico, onde os muxiáns soñaron, riron, e mesmo bailaron, cando a película daba paso ao guateque.

A importancia destes cines chega aos nosos días, e o reflexan detalles tan simbólicos como algún que outro nome. E se non que llo pregunten a Rolando Barrientos, que leva o nome do filme que namorou aos seus pais “Rolando el Bueno”.

Un cine no que grandes figuras como Ramón Caamaño disfrutaron e aprenderon, como recorda a documental Os Fabulosos Irmáns da Luz, de Olaia Sendón.

Unha das últimas veces que abriu as súas portas foi para un mitin nas Autonómicas do 1985 de Rafael Mouzo, como nos conta Manuel Vilar. Un Vilar que recoñece "están desaparecendo os documentos, polo que neste caso, como noutros, as persoas que podían dicir moitas cousas. Pero estas historias, as que realmente te achegan a un sitio e te fan sentir algo, non interesan aos gobernos", lamenta, mentres mira como estes tesouros patrimoniais esmorecen no imaxinario colectivo.

O antiguo Cine Mugia esmorecendo-Foto-Placido Luaces

Unha de cines vellos

Teríamos que facer unha recuperación de todos eses cines de sempre, o de Corcubión, o de Corme, o de Cee, o de Fisterra, o de Malpica… Botádesnos unha man? Invitámosvos a que nos enviedes información sobre os cines cellos das vosas vilas, para ir recuperando este marabilloso imaxinario colectivo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios