Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O alumnado do IES Ramón Caamaño disfrutará dun programa cultural de excepción

MÚSIcA en MUXIcAs no iES Ramon Caamano
O alumnado do IES Ramón Caamaño disfrutará dun programa cultural de excepción

Non para o Equipo de Normalización da Lingua Galega e mais do Departamento de Artes e de Actividades Complementarias e Extraescolares do IES Ramón Caamaño de Muxía. Despois do singular entroido, artellan “unha programación de actividades sobre a base a lingua galega e a tradición na procura da reafirmación nunha identidade senlleira e na valorización dos diferentes modos de achegamento á cultura propia”.

Propoñen unha serie de accións que conforman o programa “MÚSIcA en MUXIcAs” vinculándose admais coa commemoración de varios Días sinalados como o da Poesía, o da Saúde, ou o Día das Letras Galegas.

A primeira “muxicas” será o 21 de marzo da man de “O Rabelo”, que levará ao alumnado muxián nunha viaxe musical desde a regueifa ao tecno, dentro dun proceso de renovación das formas de expresar os vínculos coa galeguidade.

Xa o 14 de abril chegará ao centro Cris Canosa. Esta ceense ben coñecida na zona pola súa traxectoria como bailadora e profesora fará unha aproximación teórico-práctica á nosa tradición, con especial énfase no vínculo coa saúde mental das identidades individuais e colectivas.

O 16 de maio, na previa das Letras Galegas, o dúo vimiancés formado por Suso Quinito e Javi Sampedro traerán cancións poemas representativos da lírica galega, non sempre relacionados cos textos canonizados; así, o reintegracionismo terá o seu espazo.

O cumio será o 31 de maio, coa visita dunha banda de referencia no panorama da música galega contemporánea. A banda compostelá Som do Galpom recupera a tradición e pon en valor a nosa natureza, fusionándose co reagge e co hiphop, facilitando a transmisión xeracional.

Un programa de máxima calidade para o noso alumnado.

Comentarios