Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aproveitando o Madrid Fusion para ampliar a rede de distribución o Percebe da Barca

Os Irmans Torres comendo percebes
Os Irmáns Torres comendo percebes
Aproveitando o Madrid Fusion para ampliar a rede de distribución o Percebe da Barca

Hai viaxes promocionais nos que os grandes protagonistas son as comelladas e os gintonics. Pero tamén hai outros que se aproveitan, e ben. Comprobámolo estes días coa viaxe a Madrid Fusión de tres inexpertos nestas lides como son os percebeiros Santi Pérez e Casimiro Pérez, e un dos responsables da Cetárea de Merexo Carlos Alcalde. Cargados con 1.500 euros en material (percebes de primeira calidade, congro, ameixas de Carril enormes…) levan 3 días pateando unha das feiras gastronómicas máis importantes do país, facendo ao amparo da Deputación que os produtos costeiros consoliden a súa presenza nos circuítos profesionais da capital.

Celebraron un máis que exitoso showroom o primeiro día de feira contando con dous prestixiosos cociñeiros galegos en Madrid como Iván Domínguez e Moncho Pérez. Pero tamén estivo alí Paloma Riveiro, cociñeira do Parador de Lourido, que ademais de aproveitar para formarse nas charlas máis interesantes da feira, fixo unhas ameixas de Carril con aceite de Córdoba que puxo a xente tremendamente nerviosa. Tivo que repetir ata 3 veces…

Paloma riveiro cocinando en Madrid Fusion
Paloma riveiro cocinando en Madrid Fusion

Por alí pasaron grandes nomes da cociña con Estrela Michelín, como a valenciana Susy Díaz e os cataláns Hermanos Torres, que tamén, por suposto, se deleitaron coas empanadas

E alí leva a expedición muxiá negociando estes tres días, negociando con xentes de Madrid, Andalucía… para conseguir restaurantes onde colocar o produto da Costa da Morte. Unha viaxe que volve coa carteira chea de contactos, para concretar nas vindeiras semanas e poder ampliar as liñas de distribución a nivel estatal.

“Tanto o sector como a Deputación estamos facendo historia poñendo a gastronomía da Coruña ao mesmo nivel que os grandes territorios gastronómicos do resto do Estado”, engade Xosé Regueira, que a avisa que despois de Madrid a Deputación estará tamén en Euskadi.

Santi Perez cun cordobes
O percebeiro Santi Perez cun membro da delegación cordobesa

Novas relacionadas

Comentarios