domingo. 10.11.2024
El tiempo

Aquí non se tira nada: O penico floreiro

Aquí non se tira nada: O penico floreiro

Con esta foto continuamos na liña da reciclaxe e a imaxinación con esta nova sección en QPC na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para reciclar. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección.

Hoxe imos ata Muxía, concretamente ata os Muíños, de camiño cara a área recuperada do Río Negro. Alí, nun marco de pedra dos de toda a vida, atopamos unha desas imaxes que xa botabamos de menos. Un penico, ou varios, reciclado como vaso. Isto é, un ouriñal (recipiente para o mexo infantil, ou non tan infantil) convertido nun "fermoso" floreiro, un verdadeiro exemplo da mellor arquitectura funcional ghallegha.

A escena é total, con varios penicos ao fío de caer, e unha chea de botellas secando, previsiblemente agardando para transfregar o viño ou algunha outra bebida espirituosa.

Envíanos a túa foto

E por favor, seguimos agardando eses clásicos, como ese trespés-florero, esa bañera-bebedoiro, ou ese somier-cancela. Enviádenos esas escenas do agro, e do urbano, que merecen a pena recuperar a [email protected], para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.

Novas relacionadas

Aquí non se tira nada!

Fonte

Comentarios