Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arrancan as celebracións da Barca de Muxía

Arrancan as celebracións da Barca de Muxía
Ademais do aparcamento da explanada do santuario, habilitarase outro na marxe de subida da rúa Atalaia As festas da Barca de Muxía xa están aquí. Precisamente hoxe comezan os actos litúrxicos que congregan a centos de veciños e veciñas de toda a Costa da Morte. As celebracións en honor á Virxe da Barca comezan coa tradicional novena que se celebrará todos os días ás nove da mañá e ás sete da tarde. Ademais da música os días 9, 10 e 11 de setembro terán lugar os principais actos relixiosos da romería da Barca. Así, o día 9 haberá misas durante a mañá e a tarde e unha misa cantada ás 13 horas. O día 10, as misas serán tamén á mañá e á tarde e ás 12:30 horas terá lugar a misa cantada pola coral de Muxía e, a continuación, terá lugar a procesión que vai ata a vila. E xa o día 11, haberá misas ás 9, 19 e ás 20 horas, mentras que ás 12:30 será a procesión para despois celebrarse a misa cantada.   Aparcamentos Con motivo da gran cantidade de vehículos que se congregan nas inmediacións do santuario, os membros de Protección Civil de Muxía e da Policía Local serán os encargardos de regular o tráfico durante estes días. Dende este ente, informan que ademais do aparcamento da explanada do santuario habilitarase para aparcamento na marxe de subida da rúa Atalaia quedando, polo tanto, rexistrinxido o seu acceso. Fonte  

Comentarios