xoves. 14.11.2024
El tiempo

As festas da Barca revolucionan Muxía

As festas da Barca revolucionan Muxía
festas-barca-muxia Polo momento ningunha comisión manifestou formalmente a intención de organizar as Festas da Barca Como cada ano, veciños e veciñas de Muxía e de toda a contornan pensan xa nas festas da Barca do vindeiro mes de setembro. E a romaría salotu onte á palestra a través do grupo municipal do Partido Popular de Muxía, encabezado pola súa portavoz - Sandra Vilela-  quen comunicou que presentará nos próximos días unha moción no concello na que insta ao executivo local a que se faga responsable da celebración da festa de A Barca, despois de que - segundo os populares - se confirmarse nas últimas semanas que non se creou unha comisión que se encargue deste evento. Os populares, que incidiron en que estes festexos están catalogados de interese turístico nacional e teñen unha “importancia moi elevada” para o turismo e a promoción económica do municipio, culpan ao alcalde, Félix Porto, de querer “lavarse as mans” e non facerse responsable da organización da festa. “O señor Porto ampárase para non organizala en que o concello non pode cobrar ningún canon aos chiringuitos que se instalan na zona portuaria”, afirman os populares, que aseguraron que este argumento non é máis que “unha escusa” e que, na súa opinión, a decisión é “puramente política”. Non o opina o mesmo o alcalde de Muxía - Félix Porto - quen di que "acepta o reto de organizar as festas da Barca coa condición de que o PP xestione os cobros de todos os postos e lle dea os recibos correspondentes baixo a súa responsabilidade xa que son eles quen din que non é unha ilegalidade". "Nos asumimos a organización e non miramos para outro lado, agora que non sexan eles os que se laven as mans e fagan o que eles din que é legal" reitera Porto. Ademais, segundo o alcalde Muxía "hai persoas que mostraron a súa disposición a organizar as festas da Barca". Outras festas Vilela subliñou que, do mesmo xeito que o goberno local organiza outras festas como a do congro, pode facerse cargo da Festa de A Barca, “incluso achegando fondos públicos para iso”. “O que non podemos consentir é que Muxía quede sen esta festa e que o concello mire para outro lado. Estamos a falar dunha cita con moita tradición, que atrae a xente de todos os lugares de Galicia ao noso municipio, e que ten un impacto económico fundamental na economía local”, dixo Vilela. A popular insistiu en que o goberno local non pode quedar de “brazos cruzados” á espera de que apareza, ou non, alguén con ganas de facerse responsable dos festexos. Por último, desde o grupo municipal dos populares fixeron fincapé en que, aínda que sexa de “forma excepcional”, o goberno local debe “tomar cartas no asunto” e resolver un problema que causou moita preocupación entre os veciños. O alcalde de Muxía sinala que tiveron que xestionar noutras ocasións e falar con xente para animalos a organizar as festas da Barca.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios