martes. 13.05.2025
El tiempo

As inmigrantes de Muxía aprenden informática

As inmigrantes de Muxía aprenden informática
Curso de informatica en Muxia

Moito nos prestan as accións de alfabetización dixital, i é que reducir a fenda dixital é un dos sinos deste diario, tanto dando argumentos e contidos para acceder a internet, como facendo cursos de formación. Desta volta, por Muxía déronlle unha volta e armaron o “Hola Fabiola”, un curso de alfabetización dixital para mulleres extranxeiras que nace do convenio de colaboración entre a Fundación Orange, Fundación directa e o Concello de Muxía, co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade.

O itinerario non só se baseaba en transmitir coñecementos “informáticos”, senon que o manexo das ferramentas sirveu indirectamente para que as mulleres se integrasen co seu contorno próximo e tomasen conciencia dos seus dereitos en materia de igualdade, así como para coñecer mais do funcionamento social e institucional do seu lugar de residencia actual.

Onte tiña lugar o peche e o alcalde fixo entrega dos certificados de finalización do curso ás alumnas, que avaliaron moi positivamente a experiencia e solicitaron ao alcalde que se realizaran outras edicións similares.

Formación QPC

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios