Venres. 26.04.2024
El tiempo

QPC achega á rede aos veciños de Corme e Ponteceso

QPC achega á rede aos veciños de Corme e Ponteceso
Curso de redes sociais que imparte QPC en Corme

Arrincaban este sábado 16 de novembro dous novos cursos de formación 2.0 no Concello de Ponteceso. As aulas de informática do Centro Cultural de Ponteceso e da Casa do Mar de Corme acollían as inauguración dun curso sobre internet e redes sociais que imparte Ubaldo Cerqueiro, responsable de Quepasanacosta.

Unha ducia de persoas en Ponteceso e 8 en Corme comezaban así a sumerxirse na rede coas gañas de aprender a manexar as novas tecnoloxías, Cómpre dicir que a media de idade é avanzada, o que demostra o interese dos nosos maiores en aprender a entender a linguaxe que xa utilizan os seus pequenos.

Precisamente con esa intención chegan estes cursos. Este particularmente, tras facer un achegamento á rede, e á rede en galego, farase un repaso polos espazos informativos na rede sobre a Costa da Morte e sobre Ponteceso, e pasarase a falar do Facebook, esa rede social na que estamos inseridos 1 de cada 2 españois.

O Curso durará, cada sábado, ata o 28 de decembro, e forma parte do proxecto de formación de QPC en materia tecnolóxica, axundando a reducir a fenda dixital na nosa bisbarra.

Formación QPC

Fonte

Comentarios