As tapas reciben o ano en Muxía

10:46 31/12/13

Será o sempre exitoso Concurso de Tapas de Muxía, que este ano vai pola 5ª edición, a actividade que reciba o 2014 na vila da Barca. Unha vila que necesita alegrías como o comer, e que mellor que alegrarse comendo.
Así, os vindeiros días 4 , 5 e 6 de xaneiro celebrarase o V Concurso de Tapas de Muxía. Este ano son 14 os establecimentos que se unen á iniciativa, que servirá para que poidamos percorrer unha ruta completa degustando verdadeiras xoias. As tapas serviranse en horario de mediodía, de 12:30 a 15:30h e para poder votar hai que probar e selar en 8 bares. Logo rifarase entre a xente que vote unha cea ou comida no establecemento gañador.
Establecimentos participantes no V Concurso de Tapas de Muxía
1. O Xardín: “A Perla Negra”

2. O Chocolate: “Cucurucho Navideño”

3. A Sirena: “Hamburguesa atrevida“

4. O Coral: “Risotto di mare”

5. A Lareira: “Agulla á Lareira”

6. O Rincón da Baiuca: “Tosta Mariñeira”

7. Miramar: “Tosta d´Almussafer”

8. A Marina: “Montadito de pemento recheo con atún da Pedra dos Corvos”

9. Casa dos Congrios: “Pizza caseira de pulpo e congrio da Furna da Buserana”

10. A de Loló: “A faldriqueira”

11. O Prestige: “Arroz Mariñeiro”

12. Galicia: “Concha de Marisco”

13. O Porto: “Cazoliña Mariñeira”

14. O Wimpe: “Brocheta de pulpo"

Novas relacionadas
- 2012: Luisa Fernández Diz foi a gañadora da cesta da Ruta dos Pinchos de Muxía.
- 2012A Lareira gaña o IV Concurso da Tapa Muxiá co seu crocante.
- 2011: O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
- 2011: As 11 tapas que corren polas barras dos bares de Muxía.
- 2009: Xa corren as tapas por Muxía.