Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Asociación de Amigos de Gervasio Sar convoca un novo Concurso de Pintura entre o alumnado muxián

Dimas Bua espallando a figura de Gervasio Sar polos centros de ensino muxians
Dimas Búa espallando a figura de Gervasio Sar polos centros de ensino muxiáns
A Asociación de Amigos de Gervasio Sar convoca un novo Concurso de Pintura entre o alumnado muxián

A asociación de amigos de Gervasio Sar organiza un premio para a rapazada do Concello muxián. O obxectivo é que a xente máis nova disfrute de parte do seu tempo libre dunha manera creativa recreando os valores da súa contorna, e que ademais coñeza esta figura histórica na vila da Barca.

Gervasio Sar (Muxía, 1958-2020), soñou sempre ser artista e fíxoo co corazón aberto dun neno; reinventando a xeografía dunha vila atlántica, a topografía do seu mar e a súa paisaxe ednográfica e humana. Na pintura de Xervasio, xurde desde a punta da Barca ata a rambleta, os acantilados perdidos, as gamelas varadas, a memoria dos secadeiros de congro, e os rostros poboados indistintamente por peixes, áncoras, barcos, cruces, buguinas, percebes ou aves...; iconografías identitarias dun carácter e dunha cultura.

A asociación ven de artellar desde agosto de 2021 unha serie de actividades sobre o pintor; un dos referentes nun pobo inzado de artistas. O primeiro dos eventos foi a inauguración da exposición homenaxe na sala A camposa do salón do voluntariado de Muxía titulada “O diván de Freud no faro do fin do camiño”. Os meses de novembro e decembro os actos programados xiraron arredor do lema “Gervasio, as escolas”.

A asociación repartiu catálogos e cadernos de actividades nos colexios do Concello para difundir entre as nenas e nenos en idade escolar a vida e a obra deste artista. Un familiar, o sobriño Dimas Búa e a secretaria da asociación Mercé Barrientos visitaron a escola de Vilarmide; onde lle explicaron os nenos de terceiro, cuarto, quinto e sexto as claves da obra deste artista; as infinitas posibilidades das vidas vividas para superar calquera atranco ou limitación e a importancia de valorar e coidar dos nosos e do noso. Tamén renderon visita o IES de Muxía. Os alumnos dos dous centros visitaron a exposición.

Novas relacionadas

Comentarios