A Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía involucra a todo o sector
Non evento do sector turístico. Se o martes era a CMAT a que artellaba un encontro arredor do Destino Turístico Starlight”, este mércores foi a Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía a que xuntaba no Parador unha trintena de profesionais do sector nunha xornada en Muxía.
Hostaleiros, touroperadores e técnicos municipais de Turismo foron os protagonistas nesta cita para lembrarlles riqueza do Camiño xacobeo. Precisamente, José Manuel Pequeño deu a benvida cunha clara mensaxe: “É o gran patrimonio que temos. Os veciños tamén son parte dese patrimonio, non só os peregrinos. É o camiño da luz, de gran valor inmaterial, e parece que non somos capaces de poñelo en valor. Pero tamén precisamos apoio institucional e da iniciativa privada”, segundo expresou,que convidou os presentes a seren “embaixadores desta ruta”.
Pola súa parte, Regueira definiu o noso Camiño como “unha experiencia turística de primeiro nivel, e apelou á responsabilidade ecolóxica para unha experiencia sostible, advertiu que o turismo está evolucionando. “O turista final será moito máis esixente”.
O historiador especializado no Camiño de Santiago Antón Pombo: “Este non é un camiño máis, é unha prolongación á que están vinculadas todos os demais Camiños de Santiago. É unha porta que conecta con outras dimensións. É o punto máis occidental de Europa”. Acabou suliñando que este Camiño debe ser un imán, un reto, e trasladar á sociedade que debe vir a este territorio mítico, ao menos, unha vez na vida.
A xornada finalizou cunha andaina vespertina desde o Parador ata o Santuario.