Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O sector turístico é “optimista” e prevé un “bo” 2023 “cheo de oportunidades”

  • A xornada puxo o foco no “ambicioso proxecto de acadar a certificación Destino Turístico Starlight”.
  • A Xunta presentará no Fitur 2023 a nova guía “O último solpor da Europa Continental”.
IIEncontroTurismoCostadaMorte
O sector turístico é “optimista” e prevé un “bo” 2023 “cheo de oportunidades”

Celebrou o CMAT, o ente publico-privado que xestiona o sector, o seu II Encontro de Turismo Costa da Morte. Caión acollía desta volta, pretende ser unha cita anual e itinerante entre os 17 concellos que conforman o xeodestino, unha cita que serve para “comunicar os maiores éxitos desta anualidade” e para poñer en valor os retos para o próximo exercicio.

Dende a “diversidade” do territorio, a entidade pretende darlle un sentido único a “marca común: Costa da Morte”.

A xornada puxo o foco no “ambicioso proxecto de acadar a certificación Destino Turístico Starlight”. Unha mesa redonda abordou ‘Os ceos e as estrelas na Fin do Mundo’ e falou do selo Destino Turístico Starlight, un proxecto que “axudaría a diversificar e especializar a oferta” e a “fomentar o emprendemento” en astroturismo.

PecheEncontroTurismoCostadaMorteconNavaCastro

Tralas presentacións, e antes da mesa redonda proxectouse un vídeo sobre a natureza salvaxe da Costa da Morte elaborado polo equipo de Fernando Rey, de LuzLux, convidando aos viaxeiros a achegarse a Costa da Morte fóra da tempada alta.

A mesa , moderada por Jorge Mira, “peza clave” como colaborador da CMAT e impulsor da iniciativa do Destino Turístico Starlight, deu voz a Antonia Varela, astrofísica e presidenta da Fundación Starlight, e Aleix Roig, guía astronómico, consultor en astroturismo, astrofotógrafo e colaborador da Fundación Starlight, un dos auditores que visitaron Costa da Morte xunto con Susana Malón.

A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, valorou a aposta do ente privado APTCM; e agradeceu a colaboración dos grandes especialistas en megalitisimo, turismo xeolóxico e do astroturismo, como o propio Mira. Así mesmo, valorou a importancia de “acadar novos fluxos turísticos máis respetuosos e con maior conciencia social e ambiental”.

Solpor

Pola súa banda, Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia, foi a encargada de pechar o Encontro, falando da nova guía “O último solpor da Europa Continental”, publicación que será presentada oficialmente en Fitur 2023, cita que terá lugar en Madrid do 18 ao 23 de xaneiro do próximo ano. A guía está baseada nos traballos realizados por Jorge Mira.

Novas relacionadas

Comentarios