Venres. 19.04.2024
El tiempo

Avelino González abre o programa cultural do outono muxián

Cultura Outonal - Avelino Gonzalez en Muxia
Avelino González abre o programa cultural do outono muxián

Arrinca este sábado o programa ‘Muxía, cultura outonal’ , e faino coa chegada ao Salón de Voluntariado de Avelino González, que executará o seu espectáculo “Contos que foron chistes”. A cita, ás 20:00h, a entrada a 1 simbólico euro, e a billeteira abrirá media hora antes do comezo da sesión, se ben cómpre reservar asento nas actividades culturais no 981 74 20 01,.

O prato forte do programa está previsto para o vindeiro 14 de novembro, na que as muxianas e muxiáns poderán gozar de ‘Bohemian Rhapsody’ nin máis nin menos que nun autocine no Porto.

Novas relacionadas

 

Comentarios