Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os bloggers formaron aos técnicos e ás empresas de turismo

Xornada Turismo Sostible 1
Os bloggers formaron aos técnicos e ás empresas de turismo

A nova acción da entidade Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) tivo que ver con formación. Realmente tratouse dunha acción organizada pola Asociación de Bloggers de Viajes de Galicia (Galicia Travel Bloggers), destinada a formar aos técnicos de turismo dos concellos que forman parte do xeodestino e ás empresas e iniciativas turísticas que traballan neste territorio.

O encontro sobre ‘Turismo sostible’ celebrouse o sábado en Muxía, no Parador, reincide nas colaboracións que ambas entidades levan realizando nos ñultimos anos. Neste encontro recoñecidos bloggers como Planeta On Tour, MinionTour, Escapalandia, Nunca sin viaje, Un salto a Galicia, Trucos Viajeros, Troulanda, Caminante del Planeta y Tintineando. A xornada comezou a primeira hora cunha pequena andaina desde Muxía ata o Parador de Costa da Morte.
Os asistentes, xa pola tarde, realizaron actividades no entorno do Cabo Vilán (Camariñas) e aproveitaron para promocionar o destino turístico Costa a Morte.

Xornada Turismo Sostible 3

Ambas entidades preparan a campaña ‘Costa da Morte en Familia’ 2022. Esta iniciativa consistirá na visita no mes de setembro á Costa a Morte de dúas familias galegas con experiencia en redes sociais e blogs de viaxes. Participarán no xeodestino en actividades relacionadas co astroturismo, o patrimonio megalítico e o surf, entre outras iniciativas.

Agosto 22

Comentarios