Venres. 26.04.2024
El tiempo

A nova APTCM aposta pola profesionalización

IMG-20220718-WA0008
Fotos de Luís Polo
A nova APTCM aposta pola profesionalización

Esta mañá de luns 18 de xullo presentábase no Parador de Lourido a nova directiva de APCTM. A patronal do sector turístico do xeodestino da Costa da Morte dá un paso á fronte trala dimisión, despois de moitos anos de traballo pouco recoñecido, da anterior directiva comandada por Pablo Canosa e Silvia Bouzas.   Unha directiva diversa en canto aos sectores e a procedencia xeográfica, que ten a Pepe Formoso (do grupo Bela de Fisterra e Muxía) como presidente e Julio Castro (Director do Parador de Lourido) como vicepresidente. Ao seu carón terán tamén xentes de varios sectores como son Damián Álvarez (o modelo internacional vimiancés creador da empresa Gubem Event), que fará de Secretario; Guillermo Iglesias (Asteria Beach de Caión) que será o Tesoureiro; e os vogais Belén Lema (Restaurante Casa do Peixe e Restaurante Son do Mar de Muxía), Marcos Seoane (Asador Río Sil de Carballo) e José Ramón Pombo (Autocares J Pombo de Cabana). 

IMG-20220718-WA0010
Foto de Luís Polo

Houbo unha boa acollida no Parador, que será o alicerce fundamental da entidade, con moita xente con experiencia nestas entidades, que parabenizou aos novos activos por dar o paso adiante, e por intentar adaptar aos novos tempos: "Profesionalización, Profesionalización e Profesionalización", insistiu Formoso.  "Todos temos boa fes, pero ningún da somos profesionais da xestión de asociacións, nin temos tempo así que intentaremos contratar axencias e xestorias especializadas", explica. "Iremos pedindo orzamento de ver canto custa unha persoa a media xornada, ou unha axencia, ou unir esforzos coa Asoc. Solpor; pediremos orzamentos dunha campaña de vídeos, de xestión de rrss, e mapas, nos que incluíremos un listado de socios, e a partir de aí dividiremos o custe entre os socios que somos", explica.   Cómpre sinalar que a día de hoxe a entidade, ten só 77 socios, cando pode haber varios milleiros de empresas interesadas en aparecer nese listado de socios que aparecerá en todos os mapas.   A entidade buscará tamén como atopar fondos públicos, contando cos GALP e GDR (presentes no acto), e tendo en conta que Aptcm é a entidade que representa ao sector, á patronal, no CMAT (o ente semipúblico que xestiona o Xeodestino) por aí tamén terá que haber sinerxias. De feito, a presidenta da CMAT, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rod., estivo presente e amosou toda a súa disposición para traballar cóbado con cóbado.  "Ilusión haina e temos que facemolo entre todos", remata Formoso.

IMG-20220718-WA0009
A nova directiva da Aptcm. Foto de Luís Polo

Comentarios