Venres. 26.04.2024
El tiempo

A nova directiva de APTCM xa se incorpora ao CMAT

Xunta directiva da CMAT reunida onte en Vimianzo
A nova directiva de APTCM xa se incorpora ao CMAT

Trala presentación oficial, a nova directiva da sociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) vai collendo as responsabildades que lles toca. Unha é a de servir de ponte entre o empresariado da bisbarra e o ente semipúblico que xestiona o noso Xeodestino, a CMAT.

Onte tiña lugar a primeira reunión, en Vimianzo, onde a presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, e os demais membros da xunta directiva, deron onte unha “calurosa” benvida ás dúas incorporacións, Pepe Formoso e Damián Álvarez. As primeiras palabras foron para agradecer “a honestidade, o bo facer, a implicación, a súa entrega e incansable loita polo sector turístico do destino Costa da Morte, e pola súa visión global do territorio” dos seus antecesores, Pablo Canosa e Silvia Bouzas, durante os anos que formaron parte da asociación dende a creación da CMAT en 2015.

Formoso lembrou os principais obxectivos que buscan dentro de APTCM, “a profesionalización e a unión definitiva do sector”. Mónica Rodríguez, pola súa banda

Ademais de intercambiar puntos de vista sobre a estratexia e modelo turístico de futuro, lembraron a importancia da sinatura do convenio con Turismo de Galicia para actividades de promoción turística no territorio, acadada o pasado mes de xullo.

Ademais da campaña pola declaración do destino Starligh, está previsto que no próximo mes de setembro comecen as campañas promocionais online de turismo familiar, megalitismo, turismo xeolóxico, surf e praias salvaxes.

Os membros da xunta directiva da CMAT tamén comezaron a valorar posibles emplazamentos e contidos para o que será o II Encontro de Turismo de Costa da Morte, que terá lugar no xeodestino no último trimestre de 2022.

Membros da xunta directiva

Na xunta directiva de onte participaron Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT e alcaldesa de Vimianzo; José Muíño, tesoureiro da CMAT e alcalde de Cabana de Bergantiños; José Marcote, vogal da CMAT e alcalde de Fisterra; e Xosé Regueira, vogal e concelleiro de Turismo de Carballo. Como novos membros da xunta directiva da CMAT e representantes de APTCM asistiron o seu recén elexido presidente, Pepe Formoso; e o novo secretario, Damián Álvarez, que sustitúen a Pablo Canosa e Silvia Bouzas, que causan baixa. A secretaría técnica estivo representada por Marta Rodríguez e Manuel Carneiro, de Grupo Atlante.

Novas relacionadas

Comentarios