![Limpeza en Carballo dun rio]()
Limpeza en Carballo dun río no marco do Proxecto Ríos do ano pasado
Pouca participación costeira na
VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, que este ano se celebra en 42 concellos de toda Galicia. Dun total de
52 entidades participantes (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…), apenas 3 están relacionadas ca Costa da Morte. Falamos de
Senda Nova, sempre activa no Concello de Carballo, do
Concello de Muxía, que ten no seu técnico José un baluarte, e
a asociación Salanteira, da veciña Serra de Outes.
A limpeza, que será este
domingo 27 de setembro, mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 42 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Como participar
Se queres achegarte a botar unha man, ponte en contacto coas entidades da zona que organizan, a apúntante como voluntario:
Concello |
Entidade |
Persoa de Contacto |
Contacto |
Carballo |
Senda Nova |
Manuel |
639 549 361 |
Muxía |
Concello de Muxía |
José |
981 742 001 |
Outes |
@Salanteira |
Miguel |
637 410 645 |
Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallará aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza
limpeza.proxectorios.org onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes, promotoras e colaboradoras.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).