Martes. 19.03.2024
El tiempo

A cativada do CEIP Vilarmide sumérxese na realidade Kurda

catalinas a nena mais pequena do cole entregandolle o ubro
Catalinas, a alumna máis pequena do CEIP Vilarmide, abrazando a Souleiman
A cativada do CEIP Vilarmide sumérxese na realidade Kurda

Hai proxectos escolares de inmersión social que merecen a pena resaltar. E o que fai o pequeno CEIP Vilarmide é digno de admirar, cunha educación en valores, nos que a solidariedade, o respecto á diversidade e a empatía son as grandes protagonistas.
Xa no Nadal viviron de preto o que implica a verdadeira necesidade recibindo a visita de 3 persoas que viven no Fogar Sor Eusebia.
Estas pasadas semanas trasladaron o cole muxián ata o Kurdistán, para acompañar ao pobo kurdo na súa loita pola liberdade, pola paz.

Co ollo posto no Día da Paz, durante varias semanas estiveron investigando e afondando sobre a realidade deste pobo esquecido por occidente. “Queremos que os nen@s coñezan a historia feita por personaxes anónimos”, explícanos Luisa Gerpe, unha das mestras. “Xente que consigue que a sociedade cambie. É por iso que sempre procuramos presentar personas reales e próximas”.

Este ano o protagonista foi Suleiman Hassani, un home kurdo que sufríu as consecuencias da guerra, pero que logrou superarse. “Hoxe é traballador da ONCE, está casado cunha galega e ten dous fillos, pero sobre todo é un home positivo e alegre que mira para o futuro”, cóntannos dende o centro.

Durante estas semanas estiveron preparando, coa axuda dun texto biográfico do activista, tres contos. Cos seus debuxos, a cativada de 1º e 2º de Primaria realizou un libro sobre a propia historia de Souleiman; os de 3º e 4º afondaron sobre as Causas da Guerra; e os de 5º e 6º sobre da realidade da muller kurda, así como a súa loita contra o ISIS, poñendo o foco no asasinato de Mahsa Amini pola policia da moral iraní.

Verdadeiros tesouros de papel os que quedan feitos, e que podedes descargar aquí:

Resumo Libro Biografia Souleiman
Resumo Libro Biografia Souleiman
Resumo Libro Causas da Guerra
Resumo Libro Causas da Guerra
Libro da Muller Kurda CEIP Vilarmide
Resumo do Libro sobre a Muller Kurda

O proxecto culminou coa visita do propio Suleiman ao centro na tarde de onte luns 30 de xaneiro. Cheas de emoción e de nervios, as crianzas escoitaron a historia da súa vida, que xa sabían, e lanzáronlle as preguntas que foron preparando ao longo do proceso de investigación. Máxima emoción cando Catalinas, a nena máis pequena do cole, lle entragaba o libro feito polo alumnado, ou cando Sara, a maior do centro, lle regalaba a bandexa co logo do colexio.

Sara con Souleiman no CEIP Vilarmide
Sara con Souleiman

Novas relacionadas

Comentarios