Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comeza a tempada deportiva municipal no Concello de Muxía

Comeza a tempada deportiva municipal no Concello de Muxía

O Concello de Muxía vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas distintas actividades deportivas municipais que darán comezo o vindeiro 15 de outubro, se ben o prazo está aberto ata o 5 de outubro.
Unha oferta que se complementa coa posibilidade de apuntarse a xadrez e teatro.

Deporte para todos

A oferta deportiva vai dirixida tanto a poboación infantil como a poboación adulta, propoñendo actividades orientadas ás condicións de cada sector poboacional.
A meirande parte das actividades deportivas propostas terán lugar nas instalacións do Polideportiva Municipal, agás as desenvolvidas nas escolas das distintas parroquias.
Polas características motrices dos habitantes do Concello de Muxía, podemos salientar que hai grupos de idade con características diferentes en relación coa actividade física e a saúde.

O primeiro grupo, serían os rapaces en idade escolar, enfocarase cara a educación para a saúde, e na implantación na poboación dunha serie de hábitos de vida saudable, baseados na boa alimentación e na practica regular de actividade física. Para a consecución de este ambicioso obxectivo, é de obriga coordinarse de xeito directo cos centros educativos do municipio e cos centros de saúde, coa fin de traballar de modo coherente e proporcionar a cidadanía a posibilidade de practicar actividade física de maneira regular e segura.

De cara aos maiores o Concello aumenta as posibilidades orientadas a mellora da condición física dos nosos maiores. A oferta deportiva vén desde a educación psicomotriz, pasando polos deportes de loita, de equipo, de deslizamento, hasta actividades de relaxación e musculación, todo traballado desde unha perspectiva lúdica e orientada a mellora da saúde.

Programa de Deportes do Concello de Muxía 2012-2013

Máis información e inscrición

Para poder participar nalguha destas actividades, débese fortmalizar a inscrición no Departamento de Deportes do Concello (de 10:00 a 15:00 h. de luns a venres) antes do vindeiro mércores 5 de outubro.

Para máis información pode poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981-742001 ou consultar a páxina web do Concello www.concellomuxia.com.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios