Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novos cursos de Teatro e Xadrez en Muxía

Novos cursos de Teatro e Xadrez en Muxía

O Concello de Muxía vén de abrir o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Teatro. Os interesados, adultos comopequenos, xa pode inscribirse ata o 28 de setembro.

Hai que corre que as prazas son limitadas nos dous grupos, e que para o grupo de infantil admitiranse nenos e nenas a partir de 4º de primaria.

As inscricións faranse nas oficinas municipais.

Unha de xadrez

E ademais do teatro, o xadrez será protagonista este curso na vila da Barca. E o fai da man do Club Xadrez Cabo Touriñán, que xunto coa Cooperativa Aurora de los Caminos, organiza o sábado 15 de setembro un curso de xadrez.

O curso será impartido polo actual campión galego o mestre de xadrez Oscar De Prado, monitor e adestrador autonómico e nacional, realizarase na casa rectoral de San Martiño de Ozón, terá unha duración de 6 horas.

O prezo para asistir serán 5 euros os maiores, e 2 euros os rapaces, o prezo inclúe o xantar na casa rectoral.

As prazas son limitadas, as persoas interesadas en asistir poden inscribirse no móvil 620039243 ou no local do Club Xadrez Cabo Touriñán no edificio de servizos múltiples de Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios