Martes. 19.03.2024
El tiempo

Completo dispositivo de salvamento para rescatar un buzo que practicaba pesca submarina de noite

Emerxencia por unha neglixencia
A Salvamar Altair e o Pesca 1 en pleno rescate ás 23:39
Completo dispositivo de salvamento para rescatar un buzo que practicaba pesca submarina de noite

Esta pasada noite de mércores, tiña que realizarse un completo dispositivo de Salvamento Marítimo na zona de Touriñán. Uns mergulladores que practicaban subarinismo cos últimos raios do día, ao saír da auga comprobaban que outro buzo aínda non saíra. Preocupados alertaron ao 112, que mobilizou á embarcación Salvamar Altair (con base en Camariñas) e ao helicóptero Pesca 1.

Tamén saíron á zona os membros de Protección Civil da localidade.

Era xa noite pechada cando o helicóptero atopaba nas rochas ao buzo, que estaba perfectamente a salvo, pero a altura de Nemiña.

Trátase dun mozo de Muxía, xa reincidente na práctica fóra do horario establecido pola normativa de pecsa submarina de Galicia no artigo 13.3 (“realizarase dentro do horario diurno, comprendido entre a saída do sol e o ocaso), polo que é posible que lle pasen a factura do operativo, que segundo as forzas de seguridade podería rondar entre os 2.000 e 3.000€.

Comentarios