As conas de vella chegan ata Nemiña

09:24 08/10/24
Son habituais polas praias de Arousa, pero poucas veces as viramos pola comarca. Esta semana a praia de Nemiña apareceu chea de Aplysia depilans, un molusco que vive entre as rochas, e que morre despois da posta.
Habitualmente son coñecidas como lebre de mar, pero tamén se lles chama tinteira, cona da vella, teta do mar ou llimacha, como nos contan en GCiencia. En calquera caso, son inofensivos.