Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Constantan a preocupante invasión do cangrexo de río americano no Encoro da Fervenza e a conca do Xallas

Invasion de Cangrexo de rio americano no Encoro da Fervenza-Foto-Martin Quintans
Impactante imaxe da invasión Cangrexo de río americano no Encoro da Fervenza-Foto-Martín Quintáns
Constantan a preocupante invasión do cangrexo de río americano no Encoro da Fervenza e a conca do Xallas

Xa levamos constantando a presenza do cangrexo de río americano no encoro da Fervenza dende 2010. Aló por 2013 a cousa complicábase cando a Xunta o excluía catálogo español de especies invasoras.

E as consecuencias pódense ver nestas imaxes que nos envía Martín Quintáns Suárez. Veciño da Ponte Olveira (Dumbría), ratificaba esta semana a invasión desta especie de cangrego (Procambarus clarkii) no encoro da fervenza e na cunca do Xallas en xeral.

O ambientólogo explica que “esta especie causa uns danos moi graves nos ecosistemas que invade, chegando a ter densidades de poboación inmensas nalgunas zonas do encoro e remontando regatos onde desplaza a especies endémicas catalogadas como Vulnerables”.

"Eu levo uns anos estudando os anfibios na zona e estes meses estou mirando ata onde remontan os cangrexos nos afluentes do Xallas. Unha mágoa que remonten regatos e zonas que son refuxio para moitas especies autóctonas", lamenta un Martín, que avisa de que "a poboación de cangrexo pode variar bastante, aí atrás semellaba que había menos, pero coas especies foráneas pode cambiar todo moito en pouco tempo".

Estas imaxes son na parroquia de Brandoñas (Zas), pero relata que co encoro ao 50% da súa capacidade hai quilómetros e quilómetros onde se pode visibilizar a catastrófica invasión.

Invasion de Cangrexo de rio americano no Encoro da Fervenza-Foto-Martin Quintans 2

Invasion de Cangrexo de rio americano no Encoro da Fervenza-Foto-Martin Quintans 3

Máis novas

Comentarios