Concha Blanco reflexiona en Muxía sobre a importancia da educación na emancipación da muller


Celebrou Muxía o Día Internacional da Biblioteca, e fíxoo coa visita de Concha Blanco e a súa charla "Muller-Educación. Binomio fantástico", presentada pola concelleira de cultura, Purificación Lema. Unha charla que segue a liña aberta coa Galeria Mulleres muxiá.
Foi una charla moi didáctica que puxo de manifesto a grande importancia que ten a educación na loita pola igualdade de oportunidades, e tamén como foron moitas mulleres as que conseguiron que esa educación e a formación foran accesibles ás mulleres.
Un percorrido pola vida e a aportación de grandes mulleres loitadoras a prol desta formación e camiño cara á igualdade, dende Rosalía a Concepcióna Arenal e Pardo Bazán, e os esforzos que elas mesmas tiveron que sufrir para poder acceder a una educación, e a discriminación que non foi quen de calalas, levou á autora ata as mulleres anónimas que fixeron camiño para que hoxe poidamos ser formadas. Moitas mulleres humildes, entre as que non faltou a homenaxe á propia nai, que se esforzaron para que as súas fillas puideran ter una educación que sentara base para seren mulleres libres.
Aínda que quede, a día de hoxe, en igualdade real moito camiño por percorrer. Falou tamén Concha das mulleres como transmisoras da literatura oral e analizou, logo, as normativas de réxime interno de centros de educación, como marcaban no pasado grandes diferencias entre homes e mulleres e como mesmo eran silenciadas as ideas das educadoras.
Rematou a charla cun fermoso conto sobre a muller e a emigración, sobre as viúvas de vivos - e as fillas desas mulleres- que aguantaron da casa, a familia, do país… soas.
Unha charla moi amena e didáctica, moi recomendable tanto para centros de ensino, como para público en xeral.
Fonte
- Departamento de Cultura de Muxia.