Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O Conselleiro do Mar destaca a innovación do proxecto Abrumar I+D+i by SantiPerez

Muxia conselleiro visita proxecto Abrumar I+D+i by SantiPerez Muxía 4
Muxia conselleiro visita proxecto Abrumar I+D+i by SantiPerez Muxía 4
O Conselleiro do Mar destaca a innovación do proxecto Abrumar I+D+i by SantiPerez

Hai proxectos transformadores que merecen unha atención especial. E así o entenden dende a Consellería do Mar, unha vez que o seu Conselleiro, Alfonso Villares, preparou unha visita o pasado venres para coñecer de primeira man o proxecto Abrumar I+D+i by SantiPerez. 

O proxecto do percebeiro muxián foi unha das iniciativas beneficiarias das axudas da Consellería do Mar a través do GALP Costa da Morte por un importe de preto de 267.000 euros que viñan a cubrir o 70% da inversión para a súa posta en marcha.

Un proxecto que procura experimentar con novas presentacións da materia prima así como elaborar produtos veganos con algas mariñas atendendo ás ultimas tendencias de consumo. Un paso á fronte para emprender cunha aposta decidida pola innovación e a sostebilidade na pesca costeira artesanal. A chave, dar o paso á transformación

O espazo atópase aínda en obras e prevese que non entre en funcionamento ata o vindeiro ano. Este ano realizará probas e ao inicio só se ten planificado o uso de percebe e de algas.

Tamén manifestou a importancia de que estas iniciativas teñan a vista posta na sostibilidade da actividade pesqueira, mediante o procesado natural e a economía circular aproveitando ata os descartes, outorgándolles un novo valor coa súa utilización para caldos, fumets ou patés entre outros. Un modelo que contribúe á economía azul e á competitividade do sector mediante a diversificación das súas actividades, e que ten na pesca artesanal galega un enorme potencial.

Comentarios