Martes. 08.10.2024
El tiempo

Coristanco e Vimianzo xa se moven ata a ameaza da couza da pataca

Coristanco e Vimianzo xa se moven ata a ameaza da couza da pataca

A ameaza da couza guatemalteca xa se convertiu nunha realidade tras detectarse os 6 primeiros casos en Muxía. A Xunta activaba a declaración do seu termo municipal como zona infestada pola couza da pataca, provocando que os concellos limítrofes teñan novas medidas de precaución.

Entre eles, ademais de Camariñas, Cee e Dumbría, está o Concello de Vimianzo, que vén de convocar xa unha xuntanza informativa acerca das medidas que se adoptarán para loitar contra a couza da pataca. A cita desenvolverase o sábado 31 de marzo, ás 18:30 h. na Casa da Cultura de Vimianzo.

Moción en Coristanco

Coristanco é sen dúbida o concello que debe tomar máis precaución dada a importancia do tubérculo na economía local e comarcal. Nesa liña vai a moción que vai presentar o grupo de TeGa, para instar á Xunta a intensificar, coa maior urxencia, as medidas de prevención e control da praga. A moción, que debaterá no pleno deste mércores, pide a creación dun plan preventivo específico para a comarca de Bergantiños.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios