Creadores de Carballo e Muxía abren as súas 6ª Miradas


Adriana Díaz, Antonio Fernández Martínez, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Esther Chamoso, Francisco Javier Rodríguez, Isa Fernández, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, O ‘Miguelo, Peter Kramer, Risé, Santi Picos, Teresa Búa, Teresa Candal, Viki Rivadulla, Xervaxio Sar Vilela e Xesús Búa.
Son os nomes dos creadores participantes na mostra “Miradas 6”. Unha Mostra inaugurada a pasada fin de semana que conta con unha variedade de creacións de pintura, escultura, fotografía e gravado, que nos leva por Carballo e por Muxía.
Miradas 6 poderá visitarse todos os días da semana, en horario de 17.00 a 21.00, ata o 28 de xaneiro.
No acto inaugural da exposición colectiva de creadores/as vinculados/as a Carballo e Muxía houbo, ademais, música. Dúas das tres integrantes do conxunto coruñés Las Antonias achegáronse ata o Pazo da Cultura para converter Dos gardenias en Mil antonias, para darlles máis voltas en clave de humor -e tamén reivindicativo- a outros temas igual de clásicos que o de Machín, ou mesmo para facer a súa propia reinterpretación da regueifa.
Miradas carballo-muxiás
Desde o ano 2011, a poetisa muxiá-carballesa Rosalía Fernández Rial conseguiu establecer un vínculo artístico entre estes dous lugares polos que comparte querenza e, ao mesmo tempo, establecer un intercambio de inquietudes, técnicas e relacións entre creadores e creadoras de ámbolos dous concellos.
Novas relacionadas
- Febreiro 2016: 31 artistas de Muxía e Carballo botan as súas Miradas.
- Decembro 2013: Carballo acolle as Miradas de 32 artistas da Costa da Morte.
- Decembro 2012: Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
Fonte
- Concello de Carballo.